03/08/07

Accidente en planta de GNL en Australia, ou como a Lei de Morgan castiga as cafradas



Si, vale, «Noche de impacto» peca de sensacionalismo. A min tanto me ten o dramatismo da voz en off, e tampouco se trata de crear alarmismo, pero cando as leis indican os radios de achegamento destas plantas de GNL aos núcleos de poboación será en previsión de accidentes deste tipo.

A estúpida teoría de "non vai pasar nada" estame facedo plantexar montar almacén pirotécnico no Cano da Rúa. Primeiro vou pedir permiso para facer un alpendre de 50 m², en realidade construireino de 150 m² e logo alegarei que teño espazo suficiente para ser almacén pirotécnico. Logo farei socio da miña empresa á Administración que máis me conveña para que lle dea aceite ao meu plan. Poñerei anuncios (tradúzase a €uros) tódalas semanas na Voz, á que lle pasarei notas de prensa prometendo ducias de postos de emprego para asegurarme de que os sindicatos non dan chío. Ao final, terei montado o meu almacén pirotécnico con toneladas de pólvora no Cano da Rúa e pedirei licencia de actividade. Por último, redactarei un Plan de Emerxencia xeitosiño, feito adrede para a miña pirotécnica-no-medio-do-pobo, e un a un irei chimpando a canto veciño non escapase aínda do meu alento... Ríete ti das estratexias de Tojeiro!

6 comentarios:

  1. Merda!Fastidiáchesme o plan.

    ResponderEliminar
  2. Eu pásoche os dereitos do meu plan e ti pásasme Gadisa, e amañamos!

    ResponderEliminar
  3. Se informará a os veciños próximos de que non haberá accidentes, de que tería extintores, e demais medidas e si oen estoupar un foguete que saía pitando leites das casas porque estoupar todo, vamos que poderían facer vida normal.

    ResponderEliminar
  4. O día que os galegos saibamos o que valen as rías, ese día teriamos garantido alcanzar o noso modelo de Desenvolvimento Sustentábel e a porta cara ao futuro.

    ResponderEliminar
  5. vamos a ver. seguimos a contar mentira.

    ESO non e unha planta de gas!!!
    o que vexa eses depósitos tan fermosos e entenda un pouco do que fala, sabrá perfectamente que é unha de hidrocarburos!!!

    ResponderEliminar