29/05/2007

¿E se Mugardos e Ares se fusionasen? (Edición 2007)



Extrapolando os resultados das mesas de Ares e Mugardos ao noso virtual Concello de Bezoucos atopámonos coa continuidade do pacto PSdeG - BNG, agora sen a necesidade matemática de incorporar a EU-IU. Desaparecerían os Independentes de Mugardos e Nueva Alianza de Ares non chegaría ao 5% mínimo para obter a representación do pleno.
Seguíame picando a curiosidade e sumei os votos dos dous partidos escindidos do PP (Nueva Alianza e Acción por Mugardos) e dos dous partidos independentes (Independentes por Mugardos e UPAres). O resultado sería PSOE 5, PP 5, BNG 4, Independentes 1, EU-IU 1, Escindidos 1.

Aquí os resultados de Bezoucos no 2003.

28/05/2007

27M: O voto dos 100 €



Alguén pensou que o traballo da xente da mesa e interventores varios (este ano máis que nunca) ben valía unha paga :)

Nota: ben, falando formal, foi un despiste dunha señora que levaba no bolso dous sobres e meteu na urna o que non era. Non vos preocupedes que regresaron á súa dona.

27M: Resultados



As análises fágoas máis tarde, que agora non dou... ;)

26/05/2007

Buddy galicista



Estes crápulas de Microsoft fan a colección de Buddys futboleiros para o Messenger e van e esquecen ao Galicia de Mugardos. Para reparar tamaño agravio velaquí tendes:

24/05/2007

27M: Listas paritarias



E velaí tendes as primeiras listas da "Era Igualitaria", ou pre-igualitaria, que aínda queda moito camiño por andar. Pero xa é un avance se as comparamos coas listas do 2003. Malia todo, segundo a miña porra non haberá máis de 4 mulleres na vindeira corporación.
Só unha candidatura (IU) presenta como cabeza de lista a unha muller, ademais de aplicar a famosa "cremalleira". Só dúas candidaturas (BNG e AM) levan a unha muller no segundo posto. Só dúas candidaturas (IU e PP) aproveitan a norma do 40%-60% no primeiro tramo de 5 en favor das mulleres. E finalmente, só unha candiatura (IpMU) apura a mesma norma para colocar nos tres primeiros postos a tres homes e proclamarse "Candidatura menos igualitaria das igualitarias".

23/05/2007

¡Conseguímolo!



Sodes do mellor, respondestes como campións (e campionas) e en menos dun día conseguimos poñer o noso polbo á mugardea no mundo. Nin Pontedeume, nin Fene, nin Ares acadan aínda a presenza en Galicia Global que ten Mugardos. ¡Noraboa e ánimo, aínda podemos ser máis!

22/05/2007

O salario do silencio

¡Mugardesas e mugardeses do mundo, amosádevos!



Galicia Global é un interesante proxecto para arrexuntar a canto galego e galega hai espallado polo mundo. Xa vedes os aparecemos en Mugardos. ¡Non me deixedes soíño, que calqueira vai pensar que neste pobo non hai máis internauta que o menda! ¡Ademais, se somos moitos agrupan tódolos nosos monicreques nun polbo!

21/05/2007

27M: O censo



E velaí os datos da Oficina del Censo Electoral para Mugardos dende xaneiro de 2002, que nos descobre unha sorprendente caída en picado no 2003 das persoas censadas no concello e un tamén curioso ascenso daqueles que votarán aquí pero marcharon ao estranxeiro durante o bienio 2003-2004. A planta de gas non contivo a caída.

12/05/2007

Aquel estudantado...



Era o xoves 14 de novembro do 1996 e ao día seguinte La Voz de Galicia titularía "Unos dos mil estudiantes exigieron en la calle calidad para la enseñanza pública" e lle dedicaba un primeiro plano ás rapazas e rapaces do IES de Mugardos. Que tempos aqueles...

01/05/2007

Homenaxe a Francisco Martínez Leira «Pancho»



Velaí tes, Pancho, a choiva non nos arredou. Eramos moitos e variados, pero estivo ben lembrar que a túa memoria é aínda factor común entre tanta xente.