26/04/07

27M: Abstencionismo



Atopámonos ás portas dunhas eleccións municipais que xa presentan números de récord: 45 mulleres e 53 homes do concello forman parte dalgunha das seis candidaturas que onte fixo oficiais o Boletín Oficial da Provincia. Poderíanos facer pensar nunha grande participación, inda que o listón do 2003 está moi alto (72,3%). Polo momento xa saltaron as primeiras estatísticas.

22/04/07

Non lles gustou Mugardos...



Dous rapaces deixaron este testemuño no YouTube do pouco que lles gustou a nosa vila na súa visita. Pois é unha mágoa, porque ademais de encharcar a cubatas cómese moi ben ;)

17/04/07

Febleza deportiva



Velaí estamos: en Mugardos temos un club deportivo por cada 626 veciños, con moito o pior dato da bisbarra. Malia todo, non indica os niveis de participación xuventude nin a frecuencia daquelas actividades nas que non hai detrás una sociedade senon a administración. En resumo, a gráfica descúbrenos a cantidade, non a cualidade, mais non deixa de ser sintomático como índice da saúde asociativa da sociedade mugardesa e, ao mesmo tempo, da súa escasa heteroxeneidade deportiva.

[Datos tirados do Instituto Galego de Estatística.]

03/04/07

O foro de Mugardos



No foro «Mugardos en Internet» nótase que se achegan as eleccións.

Nota: A escala da esquerda fai referencia ao número de visitantes e accesos (falamos de milleiros ao mes). A da dereita atende á cantidade de mensaxes (habería que ter en conta que dous ou tres á semana son mensaxes-spam que elimino en canto detecto).