13/03/2007

27M: Tendencias electorais



Non profundarei demasiado en análises porque cada quen fará a súa lectura. O que si me chama a atención desta gráfica é que parece claro que as do 2003 foron as eleccións máis igualadas que se teñan celebrado en Mugardos. Para o BNG son tempos de viño e rosas. Para os demais calqueira tempo pasado foi mellor.

2 comentários:

  1. Tes tes moita razón,¿pero non ves que peligrosamente é o BNG seguido polo PP. ¡Esa dichosa división da esquerda mugardesa!

    ResponderExcluir
  2. Si, Rosa, o BNG e o PP quedaron moi parellos fai catro anos, pero non podemos obviar as traxectorias opostas de cada un, que fan que a actual distancia do PP respecto do BNG semelle menos "perigosa", máis tendo en conta a recente fractura da dereita mugardesa en dous partidos.

    O que chama poderosísimamente a atención á xente de fora coa que teño oportunidade de falar é a facilidade con que nesta vila cambiamos de partido maioritario. Nos cinco comicios que reflicte a gráfica nunca un partido repetiu victoria. Nestas municipais do 2007 o BNG ten moitas posibilidades de rachar as estatísticas tanto por méritos propios como polos alleos: chega ás eleccións sendo o único partido no goberno e, por tanto, poderá capitalizar toda a xestión lealmente (en lexislaturas anteriores o PSOE tamén capitalizaba o total da xestión, malia compartir goberno con PP, BNG, IU, Independentes... todo un portento!). O PP preséntase en horas baixas, roto pola metade e coa incógnita de se o candidato encaixa no perfil preferente dos seus votantes potenciais. Entendo que o PSOE de Mugardos non está en condicións de aproveitar os estertores da vaga ascendente do socialismo estatal, tanto pola súa recente saída do poder (a mensaxe de "cambio" resultaría ridícula logo de telos 14 anos no poder), como pola súa torpeza na estratexia política. Fariña (sexa cales sexan as siglas desta volta) é un político esgotado nesta vila e nesta ocasión nin tan sequera pode presentar xestión de goberno como no 2003. O mesmo acontece con IU, que para atopar un oco baixo o frío sol da oposición esta buscando estranos compañeiros de cama.

    O 27M saberemos en que remata isto...

    ResponderExcluir