28/03/07

Taru e os Paxaros Coiro



Da gusto saber que o panorama musical mugardés comeza a diversificarse e a asociarse a máis correntes musicais que o heavy ou as rondallas. Hoxe na Radio Galega Taru e os Paxaros Coiro apuntaban o reggae no noso curriculum cultural. Noraboa.

25/03/07

27M: Posicionamento ideolóxico



Interesante test este que me descubren os compañeiros de Chuza!. Confírmanse as miñas sospeitas: "En la escala tradicional de izquierda a derecha, siendo 0 la extrema izquierda y 10 la extrema derecha, estimamos que tu posición es aproximadamente 2.05. En la escala liberal libertaria, siendo 0 el máximo colectivismo y 10 el máximo individualismo, estimamos que tu posición es aproximadamente 4.5. En general, estimamos que la etiqueta ideológica que mejor describe tu forma de ver la realidad política y económica es: Socialdemocracia."

¿E ti de quen ves sendo?

17/03/07

De heráldica



Outro froito "colateral" dun traballo: resultaralle familiar este escudo a quen adoite visitar a igrexa de San Xiao de Mugardos. Pareceume interesante fotografalo e compartilo con vós.

13/03/07

27M: Tendencias electorais



Non profundarei demasiado en análises porque cada quen fará a súa lectura. O que si me chama a atención desta gráfica é que parece claro que as do 2003 foron as eleccións máis igualadas que se teñan celebrado en Mugardos. Para o BNG son tempos de viño e rosas. Para os demais calqueira tempo pasado foi mellor.