05/11/2006

Infiltrados



Scorsese aínda non sabe ben o que é ínfiltrarse entre coches. Os máis vellos do lugar lembran que houbo un tempo no que os peóns paseaban polas beirarrúas e os coches circulaban pola estrada. Un día atropelarán a unha nai que tivo que baixar ao asfalto co carriño do seu bebé e daquela botarémonos as máns á cabeza... Mentres tanto, os pelocenicero e demais fauna seguirán campando libremente.

3 comentários:

  1. Unha vez máis queda patente que a xente nova é moito máis irrespetuosa, unha vez máis queda patente que necesitamos un pouco de man dura por parte das autoridades locais, civís, calquera que poida, quera e teña a obriga de garanti-lo benestar, disfrute e tranquilidade dos veciños.

    ResponderExcluir
  2. Na cidade aparcar a 300 metros do lugar a onde vas é todo un éxito. Aquí temos a Telefónica ou a Xesteira a medio ocupar pero somos moi señoritos e temos que montar o coche na beirarrúa para non ter que dar máis de 3 pasos. Non vaia ser que nos cansemos.

    ResponderExcluir
  3. Non estou dacordo con Anónimo con que a xente nova sexa mais irrespetuosa, tiñas que ver algún señor/a....nin tampouco en que faga falla mano dura por parte das autoridades, con un pouco de civismo por parte de todos bastaría.

    ResponderExcluir