17/10/06

Os gases da planta de gas



Chego de pasar a fin de semana nas Rías Baixas papando marisco e atópome con que a Reganosa lle arde un tanque. Claro que lendo La Voz a un sempre lle queda a dúbida porque polo visto tratábase dunha simple "combustión". Non se explican entón as queixas dos veciños do Penedo. Claro que falando de La Voz eu xa pasei a fase de mosqueo respecto da súa política informativa sobre a planta de gases e agora estou en plena etapa de cachondeo. Simplemente xa non os tomo en serio. Gaño en saúde.

2 comentarios:

  1. Porque se me quixese mosquear lembraría, por exemplo, aquela rolda de prensa de fai uns anos que deron xente dunha ducia de asociacións de toda a ría. Representaban a máis dunha ducia porque case medio cento de outras asociacións non podían asistir máis subscribían a petición de que a planta de gas se construíse no exterior da ría. Entre aquelas que non puideron mandar xente estaba a Asociación Cultural Bezoucos na que eu participaba.

    A aquela rolda de prensa acudiron algúns medios de comunicación da bisbarra. La Voz non.

    Ao día seguinte La Voz non só non se facía eco da rolda de prensa, senón que mandaba unha mensaxe clariña dende as súas páxinas: titular a dúas columnas coas declaracións dos membros dunha pequena asociación chamada Euro-Rías reclamando "celeridade" na construcción da planta e o maior número de postos de emprego posibles.

    ¿É ou non é para escarallarse da risa?

    Fai unhas semanas o TSXG resolvía por segunda vez que o informe de efectos ambientais do proxecto da planta non valía e tería que redactarse un informe de impacto ambiental. Case toda a prensa se fixo eco ao día seguinte. Case toda. ¿Imaxinades quen foi por libre?

    Bingo!

    ResponderEliminar
  2. Eu non me queixo que de morrer morro no acto nos casás xDD Pero non escribia por iso, senon pra recomendarche un novo capitulo do cursiño pra conducir por Mugardos, ti vai o comezo do cristo e mira os coches aparcados enriba das sinais de 50 pintadas no chan xD E moi bo.

    ResponderEliminar