28/08/06

¡Saben de ti, Pancho!



Si, Pancho, a xente sempre falaba do Foucellas, pero eu medraba escoitando a túa historia. Hoxe Pilarita sostén a túa foto na portada dun xornal, a José Manuel retrátano dentro e os Anido lembran onde te agochaban. Todos falan de ti, Pancho. Agora todos saben que ti fuches o último fuxido, que estabas ti só, que os demais marcharan ou morreran. E os dous sabemos, Pancho, que aquel día no que remataba o 54, na Mediña, cando entrabas na casa de Celestino, serías o derradeiro.

Para María Alicia Martínez Leira, do teu bisneto, alí onde esteas.

26/08/06

Dragón Peta



Cambieille a mesa ao PC e buf, o que saíu de alí! Entre outras moitas cousas, atopeime con folios que levan máis dunha década cheos de presuntas cancións e poemas dun grupiño de rapaces de 3º de BUP que nos sentabamos no fondo da clase. Os que pasaron polo instituto entre o 95 e 97 poida que lembren aquel grupo chamado "Dragón Peta" que perpetraramos nas clases de Física. "O novo sistema de taquillas implantado no Instituto por Alfredo polo que pedímo-la súa dimisión", "A pava aresana é a máis enana" ou "Os bocatas pringosillos do segundo recreo en Chumari" forman xa parte da microhistoria do Instituto :) Deixarei nos comentarios unha pequena escolma...

24/08/06

Horario de lanchas



Pasaba por alí e pareceume que, aínda que moi cutre, podería ser unha foto "útil".

10/08/06

Marthyrium



Mugardos sempre foi terra heavy e unha boa mostra a tivemos no Peirao Rock organizado polo Concello. Marthyrium foi un dos grupos participantes, xunto con Lied, Dark Inside, Wisdom e Trashnos (se sabedes das webs dos outros grupos apuntádemas, please).

09/08/06

¡Arde Montefaro!



A algún hoxe había que atalo a unha das árbores ás que lle plantou lume. Agardemos que non lles bote a perder o IV Festival de Montefaro aos rapaces da Agrupación Thanatos.

¿Malversación?



malversar v.t. Apropiarse indebidamente de [capital alleo] para investilo en usos distintos a aqueles para os que este estaba destinado. Malversa-los bens públicos. Sospeitaban que o secretario malversaba os bens da compañía.

A lúa sobre Mugardos



«De noche solo ante el mar
hay demasiada tranquilidad
las olas deberían sonar

La arena cruje al pasar
la luna hoy es especial
te sientes muy sentimental

La luna brillará sobre la Escuela Naval»


La luna sobre Marín
Siniestro Total II (El Regreso)
Dro (1983)

07/08/06

O Castelo da Palma



A foto está recén sacadiña do forno (07/08/2006 21:04). Por certo, en breve enlazarei a meirande parte destas fotos coa súa versión en alta resolución. Andade atentos.

06/08/06

San Xoán Down



Con todo, o verdadeiro topónimo é "Piñeiro", ¿non si? É que se non, eu son de "San Vicente"...

04/08/06

Cheiramal del Atlántico



De día fumear non fumea moito, pero así que marcha o sol os da Pedreira sabemos ben que como veña nordés cheira que atufa.

03/08/06

Amiguiños



Perdoade, non me quero ensañar, ¡pero é que non o puiden resistir!. Podedes baixar o himno do futuro partido aquí.

02/08/06

O Sexto Partido



Parece que xa chegou a Mugardos o "Defecto Juncal", e igual que na Coruña, tamén aquí o PP salta polos aires presaxiando unha candidatura de escindidos para as municipais. Crerás ver dous PPs, pero só haberá un...

01/08/06

Stopping



#1 ¿Quen tivo 12 anos para facer beirarrúas e non fixo nin o primeiro metro?
#2 ¿Alguén bloquea as obras con fins electoralistas?
#3 ¿Que se agocha detrás do sorriso da Mona Lisa?