16/05/2006

¡Que se noten os mugardeses en Compostela!

4 comentários:

  1. PORQUE TEMOS, PORQUE QUEREMOS, PORQUE DEBEMOS, as persoas e entidades que apoiamos esta mobilización do 17 de maio de 2006, conscientes do reto histórico, demandamos para o novo Estatuto de Galiza:

    1.- Que se manteña a obriga dos poderes públicos de contribuír a normalizar a nosa lingua.

    2.- Que se recoñeza o dereito a usar e o deber de coñecer o galego, dándolle plena validez xurídica ás comunicacións na nosa lingua en todos os ámbitos.

    3.- Que se garanta o dereito de todas as persoas a ser atendidas oralmente e por escrito en galego, na súa condición de usuarias e consumidoras de bens, produtos e servizos.

    4.- Que se regule o uso preferente do galego por parte de todas as administracións situadas en Galiza, o cal inclúe tamén a Administración Xeral do Estado e a Administración de Xustiza. O persoal ao servizo das Administracións públicas debe estar capacitado e en disposición de usar o galego como lingua propia das Administracións galegas e as situadas na Galiza.

    5.- Todos os integrantes da maxistratura, notarías, fiscalías e rexistros, para prestar os seus servizos en Galiza, han de acreditar que teñen un coñecemento adecuado e suficiente do galego como para garantir o dereito de opción lingüística.

    6.- Que se recoñeza ao galego a condición de lingua vehicular no ensino non universitario.

    7.- Que se consigne o uso preferente do galego nos medios de comunicación públicos en Galiza, incluíndo por tanto a RNE e TVE.

    8.- Que o Goberno galego promova a comunicación e cooperación cos outros territorios que pertencen ao sistema lingüístico galego-portugués.

    9.- Que o Goberno galego fomente singularmente o uso da lingua galega nas zonas galegofalantes do exterior da comunidade autónoma de Galiza.

    Pedímoslle a todas as forzas políticas e axentes sociais que estean á altura do que este país e este tempo histórico demandan. Un Estatuto que recolla artigos no sentido antedito rachará os alicerces que sustentan as graves discriminacións que aínda padece o galego.

    Ademais, para alén do sinalado no importante debate estatutario, agardamos que desde o novo Goberno da Xunta, singularmente desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, se comece a traballar para afrontar os problemas de base que ten o noso idioma, garantindo en primeiro lugar o dereito fundamental á escolarización en galego.

    Porque TEMOS unha lingua propia e QUEREMOS vivir e aprender en galego, hoxe DEBEMOS exixir o cumprimento do noso dereito.

    ResponderExcluir
  2. TAMÉN NOTEI A PRESENZA DAS MUGARDESAS
    EN GALEGO, EN FEMININO, COMO A NOSA GALIZA

    ResponderExcluir
  3. me parece estupendo la defensa del gallego, lengua que fue reprimida en epocas anteriores ( ojo, no sólo en el franquismo..la parabienada segunda república fue la responsable de la castellanizacion forzada de los topónimos ).
    Ahora, lo que fue propio de regímenes totalitarios, no puede repetirse de nuevo y se deben respetar los derechos fundamentales del hombre que es entre otros el derecho a elegir la lengua en la que quiera expresarse y más si es una lengua reconocida en su territorio.
    la escolarización debe ser en gallego por supuesto pero tambien en castellano si se desea..imponer una u otra lengua sería una actitud totalitaria y fascista.
    VIRIATADEMUGARDOS

    ResponderExcluir
  4. Actitude totalitaria e fascista defender un idioma que o fascismo de Paquiño o do cabalo quixo borrar coa sangue dos nosos e das nosas? agardo que sexas a excepción que confirma a regla...

    ResponderExcluir