25/04/06

Gómez Noia campión



Permitídeme saltar á outra beira da ría e felicitar ao ferrolán Xavier Gómez Noia por ser o primeiro galego en gañar un Campionato de triatlón do circuíto internacional baixo as cores da Selección Galega.
É coma un soño feito realidade...

20/04/06

Purrilotes



Aproveitando a manía que me deu das estatísticas, velaí tendes o pique que levamos con Neda por ser o Concello máis purrilo da Ría de Ferrol. O de Narón non deixa de sorprenderme...

13/04/06

¿E se Mugardos e Ares se fusionasen?



Se Mugardos e Ares fosen un único Concello contarían cunha poboación de 10.835 Habitantes (2003), tendo polo tanto unha corporación de 17 concelleiros como ten, por exemplo, Fene. Coa Lei d'Hont na man a composición do pleno sería a que vedes.

12/04/06

E non miro a ninguén...



Velaquí unha vella viñeta de Xaquín Marín que aínda hoxe conserva intacto o valor da súa retranca especialmente nesta vila.

09/04/06

Unha vila que recuperar



Somos unha vila de grandes potencialidades desperdiciadas. A arquitectura do casco vello é unha delas (velaí vai unha mostra). Ogallá comece pronto a dar os seus froitos a Oficina de Rehabilitación do Concello.

06/04/06

«Xoga coa lingua 2005»



Gústame a metáfora que se extrae da fotografía: os nenos da vila erguendo xuntos un futuro cheo de cores.

04/04/06

Xa quedamos menos



Cando eu nacín -o día en que a primavera deixaba paso ao verán do 77- Mugardos era un Concello de algo máis de 7000 veciños. O inverno demográfico comezou axiña e hoxe semella complicado sequera recuperar os 6000 que eramos hai tan só unha década. Con todo, a tendencia á baixa ralentizouse e incluso parece invertirse dende fai dous anos. Que así sexa.

Dicía Manuel Antonio

Fomos ficando sós
o Mar o barco e máis nós.