24/03/2006

Un calendario do ano da polka



Efectivamente, unha reliquia. ¿Alguén podería aportar máis datos de este estabelecemento do Mugardos dos anos escuros?

21/03/2006

Outra ollada retrospectiva



E velaquí tendes os carteis publicitarios da Asociación de Estudantes por Galiza. Algo efectivos deberon de ser daquela cando chegaramos a ser máis de 30 socios que argallabamos actividades culturais para preto de 500 alumnos. Non deixa de ser, tampouco, un bo xeito de lembrar algúns dos temas de moda entre a mocidade de 15 a 20 anos de Mugardos e Ares na metade dos 90.

17/03/2006

Retrato de familia



Equipo oficial non teremos na vila, pero o basquet sempre prestou por estas terras. Aquel 3×3 que argallou a Asociación Cultural Noville fora todo un éxito, así que ao ano seguinte o Casino Mugardés decidiu repetir experiencia.

13/03/2006