31/01/2006

Asociación de Estudantes por Galiza Nº 2



Un novo flashback. Como por aqueles anos (95-97) non había Equipa de Normalización Lingüística no Instituto, aos que non nos paraba a cabeciña quieta decidimos montarnos a festa pola nosa conta e así naceu a revistaza da "Asociación de Estudantes por Galiza". Nin que dicir ten que sempre esgotabamos a primeira tirada de cada número. Esta é a portada do Nº 2 e xa vedes como as gastabamos.

28/01/2006

Trisquel á mugardesa (The return)



Corrixida baixo as indicacións da mesma mente creadora da primeira versión. Os cachelos e os pementos son imprescindibles. Como me presta!

27/01/2006

Trisquel pulpeiro



Adicado a La Chu, por tan iluminada aportación. No plato van uns cachelos e uns pementos, que igual non me saíron moi logrados. Polbo á mugardesa, of course :)

13/01/2006

Dislexia nos Catro Camiños



Pola zona dicíanme ao verme tirar a foto "¡Nada, era ano novo, hai que perdoalos!" :)